| Perguntas do Grupo Parlamentar
do BNG para a súa resposta en comisión
relativas á aplicación das Normas
ortográficas e morfolóxicas do idioma
galego no sistema educativo
Á
Mesa do Parlamento
Tereixa Novo Arrojo, Xesús Veiga Buxán
e Eduardo Gutiérrez Fernández,
deputada e deputados do Grupo Parlamentar do
Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro
do Regulamento da Cámara, apresentan
a seguinte Pregunta, para a sua resposta oral
en Comisión, relativa á modificación
das Normas ortográficas e morfolóxicas
do idioma galego, e a sua aplicación
no sistema educativo.
A Lei de Normalización Lingüística,
na súa disposición adicional,
recoñécelle á Real Academia
Galega o criterio de autoridade para estabelecer
a normativa e ditaminar cal é o uso correcto
da lingua, temén a súa actualización
e revisión.
En cumprimento deste mandato, a Real Academia
Galega aprobou, en sesión plenaria celebrada
o 12 de xullo de 2003, unha serie de modificacións
na normativa do noso idioma, como xa se fixera
tamén no 1995, e que a Academia deu a
coñecer como único texto oficial
a través da publicación titulada
“ Normas Ortográficas e Morfolóxicas
do Idioma Galego”.
Dado que é dentro do sistema educativo
onde se aprenden as normas do noso idioma, a
traslación ao mesmo das modificacións
aprobadas é de suma importancia e trascendencia
para o alumnado galego coñecer e practicar
correctamente o noso idioma e para normalizar
canto antes a situación.
Mais dado que todo isto non se pode facer de
xeito improvisado, é polo que apresentamos
a seguinte pregunta para a sua resposta oral
en Comisión:
1.ª) Cales son as medidas adoptadas pola Consellaría
de Educación e Ordenación Universitaria
para trasladar ao sistema educativo as modificacións
aprobadas pola R.A.G. para as Normas Ortográficas
e Morfolóxicas do Idioma Galego?
2.ª) Ten remitido a Consellaría aos
centros de ensino, tanto públicos como
privados algunha circular ou instrución
para a aplicación da nova normativa?
3.ª) De que modo e maneira se lle van dar a
coñecer as modificacións aprobadas
á totalidade do profesorado e do persoal
non docente dos centros?
4.ª) Que medidas se van levar adiante para
efectivizar a apliación da normativa
oficial na burocracia e documentación
de todos os centros de ensino, tanto públicos
como privados, asi como no ámbito da
propia administración educativa?
5.ª) Como vai garantir a administración
educativa a utilización da normativa
oficial nos libros de texto e nos diferentes
materiais didácticos e curriculares?
6.ª) Tense marcado, a Xunta de Galiza, algúns
obxectivos e prazos para efectivizar na práctica
da realidade educativa a aplicación da
normativa vixente?
7.ª) De que partida orzamentaria van sair os
recursos económicos necesarios?
Santiago de Compostela, 17 de Marzo de 2004
Asdo. Tereixa Novo Arrojo
Xesús Veiga Buxán
Eduardo Gutiérrez Fdez.
Deputada e deputados do G.P. do BNG.
|