A Mesa pola Normalización Lingüística
Noticias
Quen somos?
Que facemos?
Campañas
Mediateca
Lexislación
Ligazóns
Colectivos
Especiais
Tenda
Asóciate
Perguntas de Eduardo Gutiérrez Fernández sobre o idioma na selección de entrevistados na TVG

Á Mesa do Parlamento

Eduardo Gutiérrez Fernández, deputado do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, apresenta a seguinte Pregunta para a súa resposta oral en Comisión.

Unha vez maís formulamos unha pregunta relativa ao uso e promoción da língua galega por parte da Compañía de Radio Televisión de Galiza, isto é o cumprimento do que estabelece o artigo 10.a) da Lei 9/1984, do 11 de Xullo, de creación da Compañía de Radio Televisión de Galiza, cando ao falar dos principios de programación sinala como un deles “ a promoción e difusión da Cultura e Lingua Galega”.

No Telexornal 2 do dia 11 de Abril prodúcese unha conexión en directo co centro de control de tráfico de A Coruña: o reporteiro interroga á Xefa de Explotación sobre as incidencias nas vias de comunicación galegas e este resposta en español teimosamente e, ainda por derriba, para non decir absolutamente nada que xustifique a conexión. Isto é: volve repetirse unha prática reiteradamente denunciada polo noso Grupo Parlamentar que consiste en transmitir aos espectadores unha prática perversa como é da de asociar os xuízos científicos ou especializados co español e non co galego. E isto a pesar de que segundo o proprio Director Xeral hai instrucións, mesmo por escrito e reiteradas periodicamente par que se selecione aos opinantes a prol do galego.

Formúlanse as seguintes preguntas:

1ª) Coida a Compañía de Radio Televisión de Galiza que este tipo de práticas cadran coa obriga de promoción da língua galega?

2ª) Visto o pouco efecto das instruccións dadas para a escolla de opinantes en galego, ten pensado o Sr. Director Xeral algunha outra medida ao respeito?

Santiago de Compostela, 12 de Abril de 2004

Asdo. Eduardo Gutiérrez Fernández
Deputado do G.P. do BNG

 

     
   

Noticias | Quen somos | Que facemos | Campañas | Mediateca | Lexislación
Ligazóns | Colectivos | Especiais | Tenda | Asóciate