A Mesa pola Normalización Lingüística
Noticias
Quen somos?
Que facemos?
Campañas
Mediateca
Lexislación
Ligazóns
Colectivos
Especiais
Tenda
Asóciate
Pregunta de Bieito Lobeira relativa ás medidas que adoptará a Xunta de Galiza fronte á bárbara deturpación da toponimia galega que realiza a Dirección Xeral da Mariña Mercante

Á Mesa do Parlamento

Bieito Lobeira Domínguez, deputado do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, apresenta a seguinte Pregunta para a súa resposta escrita, relativa ás medidas que adoptará a Xunta de Galiza fronte á bárbara deturpación da toponimia galega que realiza a Dirección Xeral da Mariña Mercante.

Lage, Finisterre, Vivero, La Guardia, Bayona, El Grove, Isla de La Toja, Puebla del Caramiñal, La Coruña, Villagarcía, Santa Eugenia, Noya, ou Sanjenjo/Sangenjo, son algúns dos topónimos que a día de hoxe, e no ano 2004, figuran oficialmente na relación de capitanías marítimas radicadas na Galiza, dependentes da Dirección Xeral da Mariña Mercante (Ministerio de Fomento) do Goberno español. Mesmo na actual páxina web do Ministerio de Fomento é posíbel contrastar estes feitos.

Que escándalo é este? Até cando vai durar este desprezo aos sinais de identidade lingüística e cultural do noso país?. Como é que unha administración se permite o luxo de conculcar un marco legal en materia lingüística vixente desde hai máis de vinte anos?

A Xunta de Galiza ten a obriga de reaxir e dirixirse ao Goberno español a fin de que respecte a nosa identidade, e a propia legalidade.

Estas son as razóns que levan ao BNG a formular as seguintes preguntas para a súa resposta escrita.

1ª) Que opinión lle merece á Xunta de Galiza a situación descrita?

2ª) Vai facer algo ao respecto?

3ª) Ten previsto o Goberno galego dirixirse ao Ministerio de Fomento para facer cumprir a legalidade e respectar os sinais de identidade do noso país?

Santiago de Compostela, 3 de Setembro de 2004

Asdo. Bieito Lobeira Domínguez
Deputado do G.P. do BNG

 

     
   

Noticias | Quen somos | Que facemos | Campañas | Mediateca | Lexislación
Ligazóns | Colectivos | Especiais | Tenda | Asóciate