Señor Defensor do Contribuínte:
A páxina web da Axencia Tributaria continúa sen garantir o dereito a utilizar o galego na inmensa maioría das xestións.
Tal exclusión da lingua de Galiza supón a vulneración dun dereito fundamental, posto que se lle impón o castelán a persoas físicas ou xurídicas que desexarían poder optar polo galego. Esta práctica infrinxe gravemente a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, ratificada polo Estado español en 2001 (Boletín Oficial do Estado núm. 222, de 15 de setembro), que forma parte do ordenamento xurídico do Estado.
Reclámolle que, coa máxima urxencia, a páxina web da Axencia Tributaria ofreza opción plenamente en galego, en todos os formularios e programas informáticos.
Cumprimentos cordiais. |