Manifesto 17 de Maio de
2003
DESPOIS DE TRECE ANOS PERDIDOS,
OUTRA POLÍTICA LINGÜÍSTICA
É POSÍBEL.
POR UN ACORDO AMPLO E SEN EXCLUSIÓNS
SOBRE A LÍNGUA GALEGA
Durante os últimos trece anos de governo
do Partido Popular, a política lingüística
da Xunta de Galiza caracterizou-se pola pasividade.
Gastou-se moito diñeiro supostamente
no galego, mais a maioria dese diñeiro
non tivo outra finalidade que a homenaxe lingüística,
o gasto para comemorar sen obxectivos de recuperación.
Esa “política lingüística”
consistiu en distribuir diñeiros sen
outra pretensión que a de afortalar o
favoritismo e a dependéncia dos cidadáns
e cidadás das prebendas do poder, moitas
veces sen ter en conta nen tan sequer que os
actos ou publicacións subvencionados
utilizasen o galego, en distracción fraudulenta
de diñeiro público que non se
corresponde coa finalidade prevista.
Nestes trece anos, houbo retrocesos importantes
da presenza pública da nosa língua
en moitos campos e acelerou-se a ruptura da
transmisión entre xeracións. A
isto axudou o feito de que a lexislación
aprobada coa instauración da democrácia
nen se fixo cumprir nen se desenvolveu. Ao descrito
chama-lle Fraga Iribarne “Pax Lingüística”.
No Partido Popular son conscientes do progresivo
retroceso da língua galega, coñecen
as estatísticas existentes, mais negan
a evidéncia dos dados empíricos
e afirman que o galego vai ben. Negan o evidente
porque as estatísticas afirman sen ambigüidades
a perda de falantes e deixan translucir que
só cunha política decidida e coa
colaboración necesária de todas
e todos se pode corrixir a decadéncia
presente.
A política lingüística
do Partido Popular é, para o idioma galego,
un fracaso pensado e buscado. Despois de trece
anos non poden mostrar resultados favorábeis
porque non os teñen. A política
lingüística do Governo galego nestes
anos é equiparábel na sua
incompeténcia á praticada noutros
ámbitos. O desacerto e a ineptitude que
estamos a ver nos últimos meses noutras
funcións da Xunta, mantén-se desde
hai lustros no tratamento da língua galega.
Mais outra política lingüística
é posíbel. Nós afirmamos
que existe outro xeito de ver e tratar o principal
sinal de identidade da Galiza. Nós afirmamos
que o traballo pode e debe facer-se doutro xeito.
Para iso, fai falta aplicar a responsabilidade
e o compromiso.
Os grupos que asinamos este manifesto queremos
expresar a nosa vontade de elaborar unha
nova política lingüística,
tranquila, consensuada, decidida, vigorosa e
transparente. Unha nova política lingüística
fundamentada na realidade social da Galiza,
partindo para iso dunha diagnose correcta, que
teña en conta os dados sociolingüísticos
existentes. Unha política que procure
verdadeiramente a recuperación do galego
e a sua plena normalización.
Para lograr iso, é necesário
que se faga cumprir a lexislación existente
sobre língua. Debemos erradicar dunha
vez a toponímia deturpada e conseguir
que o ensino deixe de ser unha institución
desgaleguizadora.Desde a RTVG ten-se que promocionar
o galego, informar sobre a dimensión
de posuirmos un idioma próprio, fomentar
a criazón cultural na nosa língua
e os intercámbios cos países de
língua portuguesa. A Dirección
Xeral de Política Lingüística
debe manter liñas de axuda abertas ao
longo de todo o ano para mudanza de letreiros
e galeguización da papelaxe interna;
as suas partidasorzamentárias deben centrar-se
na incorporación do idioma e non na sua
comemoración.E debe-se elaborar un Plano
Xeral de Normalización Lingüística
sério, feito para avanzar, que conte
coa participación dos axentes sociais
e no cal todas e todos nos podamos sentir representados.
Todas estas son ideas para unha nova política
lingüística.Unha política
que permita trocar en prática todo o
amor que os galegos e as galegas sentimos polo
noso idioma.
A Mesa pola Normalización
Lingüística, Bloque Nacionalista
Galego,
Confederación Intersindical Galega, S.
N. de Comisións Obreiras de Galicia |