QUE É A MOCIDADE
POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA?
Mocidade pola Normalización
Lingüística é a sección
xuvenil da MESA. Pretende a auto-organización
da xuventude con consciencia lingüística,
traballando co obxectivo de converter
o galego en lingua de prestixio
para as novas xeracións da Galiza.
A xente nova debe demandar
das Administracións Públicas
unha política de fomento e promoción
da nosa lingua, para que esta poida
progresar socialmente. Non podemos continuar
permitindo que os nosos dereitos lingüísticos
sexan vulnerados.
QUE FAI A MOCIDADE POLA
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA?
Desenvolvemos accións
para incorporar o galego a diversos ámbitos.
Así, coordinamos unha plural Plataforma
do Alunado pola Galeguización do
Ensino Médio, esiximos da Xunta
de Galiza unha política específica
de normalización lingüística
para as xeracións máis novas,
demandamos o fomento de cinema na nosa
língua, reclamamos os dereitos
lingüísticos do alunado na
universidade, etc.
COMO PODES COLABORAR
CON MOCIDADE POLA NORMALIZACIÓN
LINGÜÍSTICA?
Do mesmo xeito que A MESA,
a Mocidade pola Normalización Lingüística
ten como marco de traballo as asembleas
territoriais e os grupos de traballo.
Se te animas a colaborar
non tes máis que porte
en contacto connosco a través do
enderezo ou dos telefones que aparecen
mais abaixo. Necesitamos
máis asociadas e asociados
para ampliar a repercusión social
das nosas iniciativas. A cuota anual mínima
é de 15 euros. Se ti tamén
queres gozar coa nosa língua, xa
sabes: Chámanos!!
Todas as socias e socios
receben pontualmente no seu domicílio
o boletín
da organización, A ReMesa,
con páxinas específicas
destinadas a nós.
|
Enderezo da Mesa:
Rúa do Vilar, 15 - 1º Dereita
15705 Santiago de Compostela
Telefone 981 563 885 | Fax 981 853
885
Correo electrónico mocidade@amesanl.org
|
 |
|