A Mesa pola Normalización Lingüística
Noticias
Quen somos?
Que facemos?
Campañas
Mediateca
Lexislación
Ligazóns
Colectivos
Especiais
Tenda
Asóciate

TRABALLO.- '¡Burra, no hables lenguas menores!'


[18/02/2008]

Un xefe de sección dun Carrefour da Coruña recrimina aos empregados por se dirixiren aos clientes en galego

Xunto con esta, son xa corenta as queixas por acoso laboral por cuestións de lingua presentadas perante a Mesa pola Normalización Lingüística nos últimos dous anos

A Mesa pola Normalización Lingüística vén de denunciar, nunha conferencia de imprensa celebrada esta mañá na Coruña, un novo caso de discriminación lingüística no eido laboral. Segundo relatou Carlos Callón, presidente da asociación en defensa da lingua, un xefe de sección do centro comercial Carrefour situado na avenida de Alfonso Molina recriminou a unha empregada por dirixirse aos clientes en galego. “Burra, no hables lenguas menores” foron as palabras que dedicou á traballadora. Segundo a información da que dispón a Mesa, non é a primeira empregada á que esta persoa lle prohibe utilizar o galego no seu posto de traballo.

Esta non é a única queixa recibida na Mesa contra a discriminación do galego en Carrefour. Fran Rei, membro da directiva nacional da asociación cívica, sinalou que unha cidadá tamén denunciou que lle devolveron un escrito presentado nun centro de Pontevedra dicíndolle que, se quería ser atendida, debería redixir o mesmo en castelán.

“Aínda que estes dous casos que hoxe presentamos aquí se dean no ámbito privado, isto non significa que non estean suxeitos ao cumprimento das leis e o respecto dos dereitos dos cidadáns”, explicou Fran Rei. “Segundo a lexislación vixente, a discriminación por cuestión de lingua está penada”, engadiu Carlos Callón. O presidente da Mesa explicou que “na asociación temos limitacións humanas e económicas para coñecer todas as discriminacións e sabemos que as que nos chegan a nós son só a punta do iceberg, e aínda así nos últimos dous anos levamos rexistrados corenta casos de mobbing lingüístico”. Nalgunhas ocasións, este tipo de acoso mesmo pode chegar ao despido, como xa ten denunciado A Mesa.

Carlos Callón pediulle a Carrefour que tome medidas para solucionar esta situación, e dirixiuse tamén á Secretaría Xeral de Política Lingüística, “que ten que deixar de ser a bela adormecida da Xunta de Galiza”, e á Consellaría de Traballo, “que debe pór en marcha un plan contra a discriminación lingüística no traballo, dándolle así cumprimento a varios acordos parlamentares”. Segundo o presidente da Mesa, “o que non pode continuar a ser é que non haxa igualdade de oportunidades segundo fales galego ou castelán”.


MÁIS INFORMACIÓN NOUTROS MEDIOS DE COMUNICACIÓN:

  • A Mesa denuncia que se recrimine o uso do galego nun hipermercado da Coruña [LVG 18/02/07]

  • A Mesa denuncia que unha caixeira de Carrefour foi recriminada por falar galego [X 18/02/07]

  • Discriminación [ECG 19/02/07]

  • A Mesa denuncia un caso de discriminación lingüística a unha empregada dun Carrefour da Coruña [GH 19/02/07]

  • 40 denuncias en dous anos por acoso lingüístico [EP19/02/07]

  • Falantes de galego presentaron corenta denuncias por acoso lingüístico nos últimos dous anos [CG 19/02/07]

  • ¡Burra, no hables lenguas menores! [MG 18/02/07]

  • A Mesa denuncia que no Carrefour da Coruña non deixan falar galego aos empregados [GZN 18/02/08]

  • Arriba

    Máis noticias

    OFERTA DE TRABALLO - Praza de técnica/o de Normalización Lingüística no Concello de Vigo

    OFERTA DE TRABALLO.- Praza de técnica/o de normalización lingüística no Concello de Dodro

    OFERTA DE TRABALLO.- O Concello da Baña convoca unha praza de técnica/o de normalización lingüística

         
       

    Noticias | Quen somos | Que facemos | Campañas | Mediateca | Lexislación
    Ligazóns
    | Colectivos | Especiais | Tenda | Asóciate