A Mesa pola Normalización Lingüística
Noticias
Quen somos?
Que facemos?
Campañas
Mediateca
Lexislación
Ligazóns
Colectivos
Especiais
Tenda
Asóciate

MANIFESTACIÓN.- A Mesa chama á sociedade galega a mobilizarse masivamente “polo dereito a vivirmos en galego”


[24/03/2008]

A asociación reclama que se cumpra a lexislación lingüística e que a “única lingua propia” de Galiza sexa “oficial na realidade e non só no papel”

A Mesa pola Normalización Lingüística chamou hoxe á sociedade galega a mobilizarse masivamente “Polo dereito a vivirmos en galego”, lema que encabezará a manifestación que a asociación en defensa da lingua convoca para o vindeiro 18 de maio en Santiago de Compostela.

Nunha conferencia de imprensa celebrada esta mañá na capital de Galiza, o presidente da asociación, Carlos Callón, sinalou cales son os obxectivos fundamentais desta convocatoria: “Lembrarlles aos poderes públicos que teñen obriga de cumprir e facer cumprir a lexislación en materia lingüística” e “demandar que o galego sexa lingua cooficial na realidade, e non só no papel”, así como “recordar que o galego é o único idioma natural de Galiza, o que o Estatuto denomina lingua propia do país”.

A manifestación, parte principal dos actos que a asociación prepara para o Día das Letras, sairá ás doce do mediodía da Alameda compostelá, e rematará na Praza da Quintana, lugar onde se lerá o manifesto, cuxa redacción definitiva se aprobará na Asemblea Xeral da Mesa pola Normalización Lingüística, que se celebrará este sábado, 29 de xaneiro, na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela. A este manifesto poderanse unir tanto persoas a título particular como asociacións e colectivos.

Fran Rei, coordenador de Zonas da Mesa, sinalou que se trata dunha convocatoria “aberta a toda a sociedade sen distinción, unha mobilización cidadá plural” e explicou que a asociación se vai dirixir “ao conxunto do tecido asociativo, entre eles aos centros de ensino, asociacións de pais e nais, equipos de normalización lingüística e imos facer un especial esforzo para convocar aos diferentes concellos do país”.

Para Susana Romero, membro da directiva da asociación, “é a situación actual da lingua o que nos leva a saír á rúa”. Pola súa banda, Carlos Callón, presidente da Mesa, salientou que, ao longo da historia da asociación, creada hai xa 22 anos e con máis de 3.300 socios, foron varias as mobilizacións convocadas coa defensa da lingua galega como bandeira. Para Callón, “o obxectivo do acto do vindeiro 18 de maio é superar as anteriores e que participe a inmensa maioría da sociedade, non só nas rúas de Compostela senón a través da adhesión ao manifesto”. “De nós depende que o galego teña futuro”, subliñou.

En resposta a preguntas dos medios, Callón convidou “aos que falan de imposición lingüística” a que “tenten vivir 24 horas en galego, e así comprobarán que non hai ningún ámbito onde se garanta minimamente o seu uso”. Así mesmo, acusou ao Partido Popular de “romper consensos existentes previamente” e recordou que “o PP sempre votou a favor de leis e proxectos a favor do galego cunha condición: que non se poñan en práctica”. Callón demandou que se dea “un baño de realismo aos discursos sobre lingua e que de verdade se dea un proceso de normalización do galego”.

MÁIS INFORMACIÓN NOUTROS MEDIOS DE COMUNICACIÓN:


  • A Mesa apela a dar un "baño de realidade" en defensa do dereito a vivir en galego [ECG 24/03/08]

  • A Mesa chama á sociedade a mobilizarse “polo dereito a vivirmos en galego” [X 24/03/08]

  • A Mesa atrasa a manifestación das Letras Galegas ao domingo pola «necesidade» dunha mobilización "masiva" [LVG 24/03/08]

  • A Mesa chama a mobilizarse 'polo dereito a vivirmos en galego'[RF 24/03/08]

  • A Mesa convoca unha manifestación para o 18 de maio
    [GH 25/03/08]


  • A Mesa di que non se pode vivir en galego en Galiza [EP 25/03/08]

  • A Mesa convoca unha marcha o 18 de maio [ECG 25/03/08]

  • A Mesa demora a mobilización das Letras Galegas para captar máis xente [ABC 25/03/08]

  • A Mesa chama a movilizarse de forma masiva o 18 de maio a favor do idioma [LOC 25/03/08]

  • A Mesa chama a movilizarse de forma masiva o 18 de maio a favor do idioma [FDV 25/03/08]

  • Polo dereito a vivirmos en galego [ANT TV 25/03/08]

  • Arriba

    Máis noticias

    MANIFESTACIÓN.- A Mesa reclámalle ao Presidente da Xunta que 'active o departamento de Política Lingüística'

    MANIFESTACIÓN.- Arredor de 25.000 persoas encheron a Quintana para reclamar 'o dereito a vivirmos en galego'

    18 DE MAIO.- Case 500 colectivos apoian xa a manifestación convocada para mañá

         
       

    Noticias | Quen somos | Que facemos | Campañas | Mediateca | Lexislación
    Ligazóns
    | Colectivos | Especiais | Tenda | Asóciate