A Mesa pola Normalización Lingüística
Noticias
Quen somos?
Que facemos?
Campañas
Mediateca
Lexislación
Ligazóns
Colectivos
Especiais
Tenda
Asóciate

MANIFESTACIÓN.- 70 colectivos xa amosaron o seu apoio ao manifesto “Polo dereito a vivirmos en galego”


[28/04/2008]

A Mesa pola Normalización Lingüística presentou esta mañá o material gráfico para anunciar a manifestación do vindeiro 18 de maio

A Mesa pola Normalización Lingüística presentou esta mañá os soportes gráficos para a campaña “Polo dereito a vivirmos en galego”, coa que se quere animar toda a cidadanía a participar na manifestación nacional que se celebrará, con este mesmo lema, o vindeiro 18 de maio. En total, na campaña previa vanse repartir 20.000 cartaces, 10.000 adhesivos, 5.000 adhesivos para automóbiles e 10.000 folletos.

Nunha conferencia de imprensa celebrada en Santiago de Compostela, o presidente da Mesa, Carlos Callón, informou de que setenta organizacións e colectivos xa teñen enviado o seu apoio ao manifesto e que cada día chegan novos apoios, “o cal nos fai agardar unha mobilización cunha grande participación”. Así mesmo, anunciou que se van pór autobuses gratuítos a disposición das persoas que quixeren participar na manifestación, que partirá ás doce do mediodía da Alameda e que concluirá na praza da Quintana. Para apuntarse, os interesados poden chamar ao teléfono da Mesa (981 563 885) ou ecribir ao correo electrónico amesa@amesanl.org.

Callón animou toda a sociedade a participar, e asegurou que “non estamos nun momento calquera para o galego, estamos nunha encrucillada na que, ou ben pode ficar como unha lingua residual sen usos espontáneos, encamiñada á súa desaparición, ou ben podemos conseguir a súa plena recuperación e expansión a todos os ámbitos da sociedade”.

Neste sentido, o presidente da Mesa sinalou que “o galego está no peor momento da súa historia, mais como sociedade temos os instrumentos para recuperalo”. Callón apuntou a que existen “moi fortes presións por parte de grupos que queren que a lingua galega desapareza, detrás das cales se atopa un importante partido político”. Fronte a isto, o dirixente da asociación en defensa da lingua convidou todos os cidadáns e cidadás a que “se decaten de cal é a situación de discriminación que padecen as persoas que queren vivir na lingua propia do país” e que “defendan no seu día a día o dereito a vivir en galego, que non prexudica a ninguén”.

O presidente da Mesa denunciou que “o Partido Popular está alentando un discurso contra o galego, cínico, hipócrita e baseado na mentira”, e recordou que “a maior perda de falantes da historia foi durante os gobernos de Manuel Fraga”.

MÁIS INFORMACIÓN NOUTROS MEDIOS DE COMUNICACIÓN:

  • A Mesa alerta da situación na que se atopa o galego e chama a participar na manifestación do vindeiro 18 de maio [CIG 28/04/08]

  • Unha lingua pintada de azul a prol do galego [ANT 28/04708]

  • Carlos Callón: "A nosa lingua está no peor intre da historia" [GH 29/04708]

  • Polo dereito a vivirmos en galego [TVG 29/04/08]

  • Arriba

    Máis noticias

    MANIFESTACIÓN.- A Mesa reclámalle ao Presidente da Xunta que 'active o departamento de Política Lingüística'

    MANIFESTACIÓN.- Arredor de 25.000 persoas encheron a Quintana para reclamar 'o dereito a vivirmos en galego'

    18 DE MAIO.- Case 500 colectivos apoian xa a manifestación convocada para mañá

         
       

    Noticias | Quen somos | Que facemos | Campañas | Mediateca | Lexislación
    Ligazóns
    | Colectivos | Especiais | Tenda | Asóciate