MANIFESTACIÓN.- Arredor de 25.000 persoas encheron a Quintana para reclamar 'o dereito a vivirmos en galego'
[18/05/2008]
A manifestación convocada pola Mesa foi unha das máis numerosas da democracia a favor da lingua
Arredor de vintecinco mil persoas chegadas de todos os puntos do país percorreron este mediodía as rúas compostelás reivindicando “o dereito a vivirmos en galego”. A manifestación, convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística, contou co apoio de cincocentos colectivos do máis diverso tipo, que se adheriron ao manifesto ao longo das últimas semanas.
A pesar da chuvia, que por momentos fixo acto de presenza, as rúas de Santiago de Compostela enchéronse de manifestantes, encabezados por unha pancarta portada por nenos na que se podía ler “Súmate connosco ao futuro do galego”. A continuación, e portando a faixa co lema da manifestación, “Polo dereito a vivirmos en galego”, ían os membros da Comisión Permanente da Mesa pola Normalización Lingüística, encabezados polo seu presidente, Carlos Callón. Organizacións de estudantes, partidos políticos, asociacións de veciños, colexios profesionais e outros colectivos sumáronse tamén á convocatoria portando os seus propios lemas en defensa do galego.
Xa chegados á praza da Quintana, á que centos de persoas non conseguiron entrar por mor da enorme cantidade de xente que alí se congregou, a actriz Isabel Martínez-Risco encargouse de animar ao público, até que se produciu a lectura do manifesto, a cargo de persoas que se significaron pola súa defensa da lingua nos últimos meses.
Ana López-Suevos, xuíza denunciada ante o Consello Xeral do Poder Xudicial por un avogado da Cadena Cope por redactar unha sentenza en galego; Ignacio Vilar, director e produtor de Pradolongo, exitoso filme rodado integramente na nosa lingua e que non se puido visionar nas salas comerciais de Santiago de Compostela pola negativa dos seus responsábeis; Xesús da Torre, que non foi contratado nun hotel por falar en galego, e Eduardo Álvarez, mestre denunciado e sancionado por reclamar da administración de xustiza o dereito a expresarse e a recibir información en galego debullaron os parágrafos do manifesto promovido pola Mesa.
“Burra, no hables lenguas menores”, “Es que se te podría escapar algo en gallego”, e “A mí no te dirijas en gallego”. Estas foron as tres citas coas que comezou o seu discurso Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, quen fixo fincapé en que, a día de hoxe, se segue a discriminar á xente por falar en galego. “A pesar do que poida parecer, estas frases non foron pronunciadas durante o franquismo, senón este mesmo ano”, sinalou.
Na súa alocución dirixiuse explicitamente aos poderes públicos: “se hai vontade, pódese aprender dos erros, corrixilos e afianzar os acertos”, aínda que tamén manifestou que “se nós non defendemos o noso idioma, ninguén o vai facer por nós”. “Os adiantos para o galego sempre foron conseguidos pola presión democrática da sociedade”, concluíu.
INFORMACIÓN NOUTROS MEDIOS DE COMUNICACIÓN:
Miles de persoas concéntranse en Santiago "Polo dereito a vivirmos en galego" [X 18/05/08]
Milleiros de persoas maniféstanse en Santiago a favor do galego [TVG - TX serán 18/05/08]
Milleiros de persoas danse cita en Santiago para reivindicar "o dereito a vivir en galego" [T 18/05/08]
Manifestació a Galícia pel dret de viure en gallec [Vi 18/05/08]
Miles de persoas reivindican na rúa o dereito «a vivir en galego» [LVG 19/05/08]
«¿Tan tóxico é o galego?», pregunta o presidente da Mesa pola Normalización [LVG 19/05/08]
A cidadanía sae á rúa [GH 19/05/08]
Dereito fundamental [Artigo de Antón Losada en GH 19/05/08]
En galego porque é noso [Artigo de Xosé María Palmeiro en GH 19/05/08]
Histórica marcha a prol do galego [ECG 19/05/08]
A coraxe na defensa dun idioma de todos [Editorial de ECG 19/05/08]
Miles de persoas reivindican en Santiago poder usar o galego en todos os ámbitos [LOAC 19/05/08]
Milleiros de persoas defenden nunha protesta o dereito a expresarse en galego [FV 19/05/08]
7.000 persoas piden en Santiago o dereito a poder vivir en galego [EP 19/05/08]
Milleiros de galegos saen á rúa na defensa do seu idioma [P 19/05/08]
Milleiros de persoas maniféstanse en Santiago a favor do galego [TVG - Bos días 19/05/08]
Miles de persoas, 'polo ensino en galego' [DI 19/05/08]
Miles de persoas, 'polo ensino en galego' [DI 19/05/08]
Miles de persoas maniféstanse a favor da lingua galega [ETB 19/05/08]
25.000 persoas na manifestación convocada pola Mesa [MG 19/05/08]
Os galegos não querem falar castelhano [JN 19/05/08]
Varios miles de persoas maniféstanse en Santiago na defensa do galego [EC 19/05/08]
Varios miles de persoas maniféstanse en Santiago para reivindicar "o dereito a vivir en galego" [PD 19/05/08]
En galego, baixo a chuvia [ABC 19/05/08]
Os lemas a prol da lingua traspasaron as nosas fronteiras [V 19/05/08]
Crónica da manifestación a prol do galego [ANT TV 19/05/08]
'Manifestación pola Lingua: os moitos que alí fomos' [Artigo de Rafa Villar en Av 19/05/08]
Os galegos e galegas encheron a Quintana para reclamar “o dereito a vivirmos en galego” [Av 19/05/08]
Miles de persoas percorren Santiago en defensa da lingua galega [EPro 19/05/08]
Touriño reclama desde o Brasil que se evite a división política polo galego [LVG 20/05/08]
Milleiros de persoas maniféstanse polas rúas de Santiago en defensa do galego [EE 20/05/08]
'O galego, lingua de futuro' [Artigo de Miguel Anxo Fernán Vello en GH 20/05/08]
'Rogativas pola lingua galega' [Artigo de Xosé Manuel Sarille en ECG 20/05/08]
'Lengua, pasta e ideología' [Artigo de Antón Reixa en EP 20/05/08]
Touriño afirma que o castelán non precisa protección porén o galego si [EP 20/05/08]
O galego é un idioma de luxo [Artigo de Isidro Novo en GH 21/05/08]
'Dereito a saír da cociña' [Artigo de Vítor Freixanes en LVG 24/05/08] |