A Mesa pola Normalización Lingüística
Noticias
Quen somos?
Que facemos?
Campañas
Mediateca
Lexislación
Ligazóns
Colectivos
Especiais
Tenda
Asóciate

ENSINO.- A Mesa saúda a iniciativa de galeguización aprobada pola Federación de Colexios Relixiosos


[02/03/2004]

A Federación de Relixiosos do Ensino Galego (FEREGA) aprobou esta fin de semana unha iniciativa destinada a impulsar o uso da lingua galega nos colexios relixiosos. Para iso, crearán órganos de seguimento que velarán polo cumprimento do Decreto 247/95, que marca as disciplinas mínimas a impartir en galego. Así mesmo, traballarán para que toda a documentación (matrículas, cualificacións, etc.) emanada dos centros que forman esta federación sexa redixida no idioma proprio da Galiza.

Segundo indicaron desde FEREGA, á hora de tomaren esta decisión tiveron en conta as accións desenvolvidas pola Mesa pola Normalización Lingüística cara ao mundo do ensino, así como o feito de que os centros relixiosos sempre son os que fican nos últimos postos nos inquéritos sobre uso do galego.

A Mesa pola Normalización Lingüística saúda esta iniciativa e demanda que o Goberno galego poña tamén en marcha as medidas necesarias para que o ensino deixe de ser a principal maquinaria de desgaleguización. Hai que recordar que o Decreto 247 foi promulgado no ano 1995 e hoxe, case nove anos despois, continúa a incumprirse nun 75% dos centros de ensino. Esta vulneración da legalidade repercute moi negativamente na cualidade da educación e condiciona para mal o presente e o futuro da vida cultural do país.

Arriba

Máis noticias

ENSINO.- A Mesa reclámalle ‘transparencia’ á Xunta sobre canto vai custar ‘ás arcas públicas e ás economías familiares’ a orde de que se desboten miles de libros de texto en galego

ENSINO.- A Mesa vai presentar un recurso xudicial para parar o decretazo contra o galego no ensino

ENSINO.- A Mesa lamenta que o PP queira mudar ‘unilateralmente’ a Lei de normalización lingüística e lembra que ‘o decretazo presentado hoxe conculca a Constitución e o Estatuto’

     
   

Noticias | Quen somos | Que facemos | Campañas | Mediateca | Lexislación
Ligazóns
| Colectivos | Especiais | Tenda | Asóciate