CINEMA.- Modificación na promoción do filme A Crise Carnívora, que Continental convida a ver de balde
[09/03/2009]
Desde a produtora Continental, que tal e como informabamos desde este web convida a ver de balde o filme de debuxos animados A Crise Carnívora na súa versión orixinal en galego, indícannos que houbo unha modificación nas datas de promoción e no impreso do convite.
A campaña, que adianta o seu remate ao 2 de abril, será válida para as primeiras sesións da tarde de segunda a sexta feira (de luns a venres) e para as sesións matinais dos sábados nos cinemas que dispoñan desta, até completar aforo previsto por sesión dentro da promoción.
As persoas interesadas en ver o filme de xeito gratuíto teñen que imprimir a nova versión do convite que pode descargarse aquí e trocalo nas billeteiras dos cinemas que se indican a continuación:
-VILAGARCÍA DE AROUSA Multicines Gran Arousa Porto Deportivo Explanada Tir
- LUGO Multicines Centro Praza Viana do Castelo
- MONFORTE DE LEMOS Multicines Hollywood R/ Ramón Otero Pedraio
-RIBEIRA Multicines Barbanza C.C Haley. Avda da Coruña
-CARBALLO Multicines Bergantiños Pr. da Balsa C.C Bergantiños |