A Mesa pola Normalización Lingüística
Noticias
Quen somos?
Que facemos?
Campañas
Mediateca
Lexislación
Ligazóns
Colectivos
Especiais
Tenda
Asóciate

INTERNACIONAL.- A Mesa celebra que o Parlamento europeo tombase a iniciativa do PP contra o ensino en galego


[24/03/2009]

A Mesa lembra que o PP quixo facer crer durante a campaña electoral que o Parlamento europeo defendía as súas posturas, cando a súa iniciativa non contaba cos apoios para ser respaldada no pleno

A Mesa lamenta “as mentiras e os ataques incívicos do PP contra a lingua propia de Galiza”

A Mesa pola Normalización Lingüística “celebra” que o Parlamento europeo tirase abaixo as emendas presentadas polo PP contra un informe sobre multilingüismo no cal sinalaban que a única lingua na que existía o dereito a ser escolarizado no Estado español era o castelán. Desde A Mesa consideran que esa iniciativa formulada polo PP seguía principios de “racismo lingüístico, de que hai linguas con dereitos e linguas sen dereitos, linguas de primeira e linguas de segunda”.

As emendas do PP español foron tombadas no pleno do Parlamento europeo, realizado hoxe, mesmo cos votos en contra doutros membros do Partido Popular Europeo. “O PP sabía que unha iniciativa tan agresiva e contraria á convivencia non contaría cos respaldos para prosperar, mais mentiu durante a campaña electoral á opinión pública facendo crer que este relatorio que saíu da Comisión de Cultura era un apoio do Parlamento europeo ás súas posturas contrarias á galeguización do ensino”.

A maior asociación cultural de Galiza reclámalle ao PP que “deixe as mentiras, a demagoxia e os ataques incívicos contra a nosa lingua propia” e mesmo considera que “deberían pedir desculpas polas súas mentiras compulsivas e os seus ataques contra un idioma con tantos problemas sociais e desamparos xurídicos como ten o galego”.

O presidente da Mesa, Carlos Callón, estivo en Bruxelas a finais do mes de febreiro, xunto con Ana Miranda, do BNG, para se reunir cos diferentes grupos do Parlamento europeo e o Comisario de Multilingüismo da UE, Leonard Orban, aos cales lles trasladou a situación que vive a nosa lingua e reclamou apoio á súa revitalización e ao recoñecemento de todos os dereitos para as persoas que queiran vivir en galego.

O Comisario de Multilingüismo, que por vez primeira recibiu a unha asociación galega, comprometeuse coa Mesa a apoiar as políticas de defensa das linguas cooficiais como o galego e amosou o seu interese polas Galescolas, que foran eloxiadas polo Consello de Europa nun informe de finais de 2008. Orban sinalou que a promoción do galego no ensino está en consonancia coa política de multilingüismo promovida pola UE.

Arriba

Máis noticias

INTERNACIONAL.- A Mesa participa no XXIII Congreso da Asociación Internacional para a Defensa das Linguas e das Culturas Ameazadas (AIDLCM), que se celebra toda a fin de semana en Barcelona

INTERNACIONAL.- A Mesa dille a Feijóo que lle “vai crecer o nariz de tanto mentir”

INTERNACIONAL.- Tres grupos do Parlamento Europeo comprométense coa Mesa e o BNG a presentar unha alternativa ao informe sobre multilingüismo

     
   

Noticias | Quen somos | Que facemos | Campañas | Mediateca | Lexislación
Ligazóns
| Colectivos | Especiais | Tenda | Asóciate