A Mesa pola Normalización Lingüística
Noticias
Quen somos?
Que facemos?
Campañas
Mediateca
Lexislación
Ligazóns
Colectivos
Especiais
Tenda
Asóciate

INTERNACIONAL.- A Mesa dille a Feijóo que lle “vai crecer o nariz de tanto mentir”


[25/03/2009]

“Hai que ser moi cínico para chamarlle bilingüismo cordial a unhas emendas do PP español no Parlamento europeo que dicían que só existía o dereito a se escolarizar en castelán”

Segundo a emenda do PP tombada no Parlamento europeo, os estudantes poderían ser privados do dereito a recibir o ensino en galego

A Mesa pola Normalización Lingüística saíu ao paso das declaracións realizadas polo futuro presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nas que amosou que non vai ter en conta a resolución aprobada onte polo Parlamento europeo. A maior asociación cultural de Galiza reprende que “Feijóo non saiba máis que manipular e mentir sobre o asunto”, polo que lle reclamou “prudencia e sentido institucional”.

A agrupación cidadá lembra que a emenda introducida polo PP, e que foi o motivo polo que foi tombado este relatorio no pleno do Parlamento, dicía literalmente que “ningún escolar poderá ser privado do ensino na lingua oficial do Estado”. Isto é, segundo esta emenda, “habería un idioma con dereitos, neste caso o español, e outros sen ningún, os idiomas cooficiais”. A Mesa sinala, polo contrario, que “ningún estudante debería ser desprovisto en Galiza de ter a formación en galego, pois o contrario atentaría contra principios básicos de convivencia e sentenzas do Tribunal Constitucional”.

“Chamarlle bilingüismo cordial a unha iniciativa que pretende que só haxa unha lingua con dereitos non pode ser máis que cualificado como cinismo”, observa a organización, que indica con humor que “a Feijóo lle vai crecer o nariz de tanto mentir”.

A Mesa lamentou, máis unha vez, a postura “incívica” dos dirixentes do PP, que queren “derrogar o decreto que regula un mínimo do 50% do ensino en galego sen contaren con pais, nais, profesorado e estudantes, que secundaron a lexislación actual”. “A comunidade educativa non respalda medidas segregacionistas, que deixan indefensa a lingua propia de Galiza e que van contra o estipulado pola Constitución e o Estatuto”, conclúe a agrupación cidadá cultural galega con maior afiliación.

MÁIS INFORMACIÓN NOUTROS MEDIOS DE COMUNICACIÓN:

  • Feijóo sitúa a ‘liberdade lingüística’ por riba das resolucións europeas [X 26/03/09]

  • Carlos Callón pide a Feijóo que cumpra co mandato estatutario para protexer o galego [G-E 26/03/09]

  • A MNL di que o PP manipula ao chamar ‘bilingüismo cordial’ á enmenda da lingua [S 25/03/09]

  • A MNL di que o PP manipula ao chamar ‘bilingüismo cordial’ á enmenda da lingua [AOL 25/03/09]







  • Arriba

    Máis noticias

    INTERNACIONAL.- A Mesa participa no XXIII Congreso da Asociación Internacional para a Defensa das Linguas e das Culturas Ameazadas (AIDLCM), que se celebra toda a fin de semana en Barcelona

    INTERNACIONAL.- A Mesa celebra que o Parlamento europeo tombase a iniciativa do PP contra o ensino en galego

    INTERNACIONAL.- Tres grupos do Parlamento Europeo comprométense coa Mesa e o BNG a presentar unha alternativa ao informe sobre multilingüismo

         
       

    Noticias | Quen somos | Que facemos | Campañas | Mediateca | Lexislación
    Ligazóns
    | Colectivos | Especiais | Tenda | Asóciate