A Mesa pola Normalización Lingüística
Noticias
Quen somos?
Que facemos?
Campañas
Mediateca
Lexislación
Ligazóns
Colectivos
Especiais
Tenda
Asóciate

CINEMA.- Estrea en televisión de Pradolongo mañá martes na TVG


[30/03/2009]

Todas aquelas persoas que aínda non viran a longametraxe Pradolongo, dirixida por Ignacio Vilar e producida integramente en galego, poderán facelo mañá martes a partir das dez da noite, hora na que a TVG estrea o filme, un dos fenómenos do recente audiovisual galego.

De seguro que moitos dos máis de 60.000 espectadores e espectadoras que acudiron ás proxeccións de Pradolongo por toda a xeografía galega grazas á súa innovadora campaña de promoción quererán volver a visionar esta fita, que participou en distintos certames cinematográficos como o de San Sebastián, onde gañou o Premio Cidade de San Sebastián Film Comission. Tamén se fixo co Premio Especial do Festival de Ourense e o Premio á mellor música de longametraxe do Congreso Internacional de Música de Cine de Úbeda. Pradolongo chegou ate a cidade norteamericana de Utah, obtendo o pasado mes de xaneiro o premio “Director´s Choice Gold Medal for Excellence” no Park City Film Music Festival.

Arriba

Na imprensa

Máis noticias

CINEMA.- Modificación na promoción do filme A Crise Carnívora, que Continental convida a ver de balde

CINEMA.- A Mesa de Bergantiños distribuirá na comarca materiais en demanda dunha maior presenza do galego no cinema

CINEMA.- A Mesa e APRADOGA demándanlle á Xunta a creación dun Servizo Galego de Dobraxe e Lexendaxe

     
   

Noticias | Quen somos | Que facemos | Campañas | Mediateca | Lexislación
Ligazóns
| Colectivos | Especiais | Tenda | Asóciate