A Mesa pola Normalización Lingüística
Noticias
Quen somos?
Que facemos?
Campañas
Mediateca
Lexislación
Ligazóns
Colectivos
Especiais
Tenda
Asóciate

SXPL.- A Mesa cualifica de “sarcástico” que Política Lingüística dependa da consellaría que vai derrogar o decreto do galego no ensino


[21/04/2009]

A defensa do idioma ten que ser transversal, xa que na Xustiza, na Sanidade ou na propia Administración reina a imposición do castelán

A Mesa pola Normalización Lingüística considera “sarcástico” e mesmo “esperpéntico” que a Secretaría Xeral de Política Lingüística, que na última lexislatura dependía directamente da Presidencia da Xunta, pase a subordinarse á Consellaría de Educación, o departamento que xa anunciou que vai derrogar unilateralmente o decreto 124/2007, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo.

A Mesa pregúntase que “se o primeiro que vai facer quen ten que velar pola defensa e promoción do idioma é derrogar unha lei que conta co respaldo das principais asociacións que representan á comunidade educativa, cales van ser os pasos a dar en eidos como a Sanidade, a Xustiza, o comercio, os medios de comunicación ou a propia Administración, onde as persoas galegofalantes sofren graves discriminacións cada día e onde en moitos casos a nosa lingua apenas ten presenza?” .

É por iso que, segundo A Mesa, “a defensa do idioma ten que ser transversal, tal e como recolle o Plan Xeral de Normalización Lingüística, aprobado no Parlamento galego no 2004 por unanimidade sendo Manuel Fraga presidente da Xunta de Galiza e Alberto Núñez Feijóo vicepresidente”.

A asociación en defensa da lingua recórdalle ao novo presidente da Xunta que os poderes públicos de Galiza están obrigados polo Estatuto de Autonomía a potenciar “o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa” e a “dispor os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento”.

MÁIS INFORMACIÓN NOUTROS MEDIOS DE COMUNICACIÓN:

  • A Mesa considera 'sarcástico' que Política Lingüística dependa 'da consellaría que derrogará o decreto do galego' [ECO 21/04/09]

  • A Mesa considera 'sarcástico' que Política Lingüística dependa 'da consellaría que derrogará o decreto do galego' [EP 21/04/09]

  • A Mesa ve 'sarcástico' que Política Lingüística pase outra vez a Educación [ECG 22/04/09]


  • Arriba

    Máis noticias

    ADMINISTRACIÓN LOCAL.- A Xunta deixa de financiar o mantemento dos servizos de normalización lingüística municipais e a CTNL pídelle que rectifique

    SXPL.- A Mesa reclama a suspensión da nova campaña de propaganda de Política Lingüística e que o diñeiro se reinvista en introducir o galego en ámbitos nos que está excluído

    ARTIGO.- 'Unha iniciativa fundamental', por Carlos Callón

         
       

    Noticias | Quen somos | Que facemos | Campañas | Mediateca | Lexislación
    Ligazóns
    | Colectivos | Especiais | Tenda | Asóciate