A Mesa pola Normalización Lingüística
Noticias
Quen somos?
Que facemos?
Campañas
Mediateca
Lexislación
Ligazóns
Colectivos
Especiais
Tenda
Asóciate

OFERTA DE TRABALLO.- Praza de técnica/o de normalización lingüística no Concello de Dodro


[20/09/2009]

  • Podes consultar a convocatoria completa aquí.
  • O Concello de Dodro convoca unha praza en réxime laboral, con carácter temporal a media xornada dun técnico/a de normalización lingüística. O prazo de presentación é de dez días naturais que contarán dende a publicación das bases no Boletín Oficial da Coruña (18/09/2009).

    O sistema de selección será o de concurso, en que se valorarán os méritos seguintes:

    Experiencia laboral. Máximo 4 puntos.
    1.1) Como normalizador/a lingüístico/a:
    – Na administración pública: 0,20 puntos por mes de servizo.
    – Na empresa privada: 0,10 puntos por mes de servizo.

    1.2) Como profesor/a de lingua galega en colexios públicos ou privados.
    – 0,15 puntos por mes de servizo.

    1.3) Pola impartición de cursos de lingua galega.
    – Menos de 20 horas: 0,10 puntos.
    – De 20 a 49 horas: 0,30 puntos.
    – De 50 a 99 horas: 0,50 puntos.
    – De 100 horas ou máis: 0,70 puntos.

    1.4) Pola realización de prácticas profesionais ou traballos como bolseiro a relacionados co posto:
    – 0,05 puntos por cada 100 horas realizadas.

    2.–Formación. Máximo 3 puntos
    2.1) Asistencia a cursos, congresos, simposios, directamente relacionados coas tarefas a desenvolver e cursos de informática.
    – Menos de 10 horas: 0,05 puntos.
    – de 10 a 24 horas: 0,15 puntos.
    – de 25 a 49 horas: 0,40 puntos.
    – de 50 a 99 horas: 0,50 puntos.
    – de 100 horas ou máis: 1 punto.

    A fase de oposición consistirá na tradución dun texto do castelán ao galego, nun tempo máximo dunha hora. A puntuación máxima será 10 puntos, debendo acadar un mínimo de 5 puntos.

    Por último, realizarase unha entrevista persoal sobre as tarefas para desenvolver e méritos que se aleguen, e estará dirixida a apreciar a adecuación entre o aspirante e o perfil do posto de traballo. A puntuación será de 2 puntos.

    Arriba

    Na imprensa

    Máis noticias

    OFERTA DE TRABALLO - Praza de técnica/o de Normalización Lingüística no Concello de Vigo

    OFERTA DE TRABALLO.- O Concello da Baña convoca unha praza de técnica/o de normalización lingüística

    OFERTA DE TRABALLO.- Praza de técnico/a de normalización lingüística no Concello de Montederramo

         
       

    Noticias | Quen somos | Que facemos | Campañas | Mediateca | Lexislación
    Ligazóns
    | Colectivos | Especiais | Tenda | Asóciate