A Mesa pola Normalización Lingüística
Noticias
Quen somos?
Que facemos?
Campañas
Mediateca
Lexislación
Ligazóns
Colectivos
Especiais
Tenda
Asóciate

A CORUÑA.- A Mesa pídelle ao PSOE que “recapacite” e non faga de “parvo útil” do PP na súa política contra o galego


[29/09/2009]

A Mesa critica que se abra a confrontación nun tema “que a maioría dos veciños e das veciñas da Coruña considera felizmente superado”

A asociación lembra que “o apoio á Lei de normalización lingüística é un dos eixos da manifestación do vindeiro 18 de outubro”

A Coruña, 29 de setembro de 2009.- A Mesa pola Normalización Lingüística convidou á dirección do PSdeG-PSOE a que “recapacite” sobre a importancia de defender o galego e non caia na trampa de facer de “parvo útil” do PP. A asociación considera que este partido político “se dispara nos pés cando fala da posibilidade de derrogar a Lei de normalización lingüística para oficializar topónimos deturpados” e lémbralle que “os nomes de lugar teñen como única forma oficial a xenuína por un acto de xustiza histórica tras a ditadura franquista”.

A entidade en defensa do galego, que impulsou unha batalla xudicial e social contra Francisco Vázquez por se negar a cumprir a lei, critica que se “reabra, ademais de forma crispante, un debate que a inmensa maioría das veciñas e dos veciños da Coruña consideran felizmente superado, independentemente da lingua que utilicen no seu día a día”.

Para A Mesa, “darlle carta de legalidade a que o nome oficial dun lugar poida mudar segundo as maiorías electorais non pode máis que considerarse un disparate”. Así mesmo, afirman que “detrás desta idea subxace a pretensión de borrar a evidencia histórica de que o galego é a nosa lingua propia e que en galego se chamaron os lugares en Galiza desde que Galiza existe como tal”.

A Mesa convida “ás mulleres e homes preocupados por estes anuncios de involución” a que se mobilicen en defensa da Lei de normalización lingüística na manifestación convocada para o vindeiro 18 de outubro pola plataforma Queremos Galego, que sairá ás 12 do mediodía da Alameda de Santiago.

Arriba

Máis noticias

A CORUÑA.- Varias asociacións de veciños da Coruña únense para defender a lingua e o topónimo

A CORUÑA.- A Mesa cualifica como unha ”oda á crispación e ao pasado” a posición do PP no pleno extraordinario sobre o topónimo celebrado hoxe na Coruña

A CORUÑA.- Preséntase na Coruña “O galego medra contigo”, un programa de actividades dirixido aos nenos e nenas da cidade

     
   

Noticias | Quen somos | Que facemos | Campañas | Mediateca | Lexislación
Ligazóns
| Colectivos | Especiais | Tenda | Asóciate