A Mesa pola Normalización Lingüística
Noticias
Quen somos?
Que facemos?
Campañas
Mediateca
Lexislación
Ligazóns
Colectivos
Especiais
Tenda
Asóciate

A CORUÑA.- Varias asociacións de veciños da Coruña únense para defender a lingua e o topónimo


[02/11/2009]

Reproducimos o comunicado:

As Asociacións de Veciños e Veciñas: Agra do Orzan, Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules, Oza – Gaiteira – Os Castros, Os Rosais e San Pedro de Visma asinan conxuntamente este comunicado:

1º Pór de manifesto o malestar das citadas Asociacións Veciñais pola campaña posta en marcha pola Federación de Asociacións Veciñais sen ter en conta a opinión dos seus asociados.

2º Pór de manifesto que a actuación da Federación de Asociacións Veciñais, ao noso entender, está rexida claramente por intereses partidistas, actuando dita Federación baixo a influencia dun determinado grupo político, deixando de lado as distintas sensibilidades que a día de hoxe expresa a cidadanía.

3º Pór de manifesto que o paso ao fronte dado agora pola Federación, nunca o deu para exixir o cumprimento dunha lei que se estaba a incumprir de xeito irresponsábel por boa parte da clase política desta cidade. E tampouco criticou que se empregasen cartos públicos para tentar xustificar o incumprimento da Lei de normalización lingüística, e se deixasen de empregar en paliar as carencias da nosa cidade.

4º Vémonos na obriga de lembrarlle á Federación o compromiso adquirido pola súa directiva do emprego da lingua galega de xeito voluntario e consecuente. E facemos un chamamento á Federación e á cidadanía para defender con dignidade e orgullo a nosa lingua e os nosos sinais de identidade.

As asociacións asinantes amósanse así claramente en contra da campaña iniciada pola Federación e do xeito partidista no que se esta a empregar o movemento veciñal para tentar manter un discurso galegofóbico, apoiando o ideario partidista dun dos grupos maioritarios do Concello da Coruña.

A Coruña, 29 de Outubro do 2009

Arriba

Na imprensa

Máis noticias

A CORUÑA.- A Mesa cualifica como unha ”oda á crispación e ao pasado” a posición do PP no pleno extraordinario sobre o topónimo celebrado hoxe na Coruña

A CORUÑA.- A Mesa pídelle ao PSOE que “recapacite” e non faga de “parvo útil” do PP na súa política contra o galego

A CORUÑA.- Preséntase na Coruña “O galego medra contigo”, un programa de actividades dirixido aos nenos e nenas da cidade

     
   

Noticias | Quen somos | Que facemos | Campañas | Mediateca | Lexislación
Ligazóns
| Colectivos | Especiais | Tenda | Asóciate