MOCIDADE.- Xuntanza nacional aberta este sábado 12 en Compostela
[10/12/2009]
Ás 11.30 no local da Agrupación Cultural O Galo
Este sábado 12 de decembro todas as mozas e mozos que estean interesadas/os están convidadas/os á xuntanza nacional aberta da Mocidade pola Normalización Lingüística, que se celebrará a partir das 11.30 da mañá no local da Agrupación Cultural O Galo de Santiago de Compostela (Praza de San Miguel dos Agros, enfronte da igrexa de San Martiño Pinario, na zona vella).
A reunión convócase para darlle un maior impulso ao colectivo xuvenil da Mesa, dotalo dunha mellor e máis áxil estrutura organizativa e definir as liñas de traballo xerais que se seguirán durante os próximos meses.
Se estiveres interesada/o en participares da Mocidade ou en recibires máis información sobre as súas actividades e non podes acudir, mándanos un correo cos teus datos a mocidade@amesanl.org
|