A Mesa pola Normalización Lingüística
Noticias
Quen somos?
Que facemos?
Campañas
Mediateca
Lexislación
Ligazóns
Colectivos
Especiais
Tenda
Asóciate

MEDIOS.- O grupo Correo sitúa o presidente da Mesa entre os galegos máis influentes


[28/01/2010]

O grupo Correo publica anualmente unha listaxe cos que considera os '125 galegos máis influentes'. Nesta edición, por vez primeira, no ránquing figura un dirixente da Mesa, Carlos Callón, o presidente da asociación, que no seu posto 104 se sitúa mesmo por riba dalgúns conselleiros e conselleiras do Goberno galego, segundo as expertas e os expertos que consultou o grupo Correo.

Desde a entidade valórase esta aparición como unha mostra da "vitalidade da organización" a pesar dos "fortísimos ataques recibidos nos últimos meses, os máis intensos desde a nosa creación en 1986".

"Quixeron deslexitimar e finiquitar A Mesa, mais a persistencia e o traballo intenso convértena nunha asociación cada vez máis referencial e con máis capacidade de incidencia", aseguran desde a dirección da entidade, que viu crecer a súa afiliación durante esta ofensiva, aínda que declaran que "aínda é necesario contarmos con máis socias e socios para podermos actuar máis e mellor nestes tempos duros".

Carlos Callón manifesta, nese sentido, que "somos unha organización debilitada polo poder (cantos casos hai no mundo en que a maior asociación cultural dun país non teña axudas públicas do seu goberno?!), porén afortalada desde a súa base social". "E aí está a nosa forza e o noso inmenso futuro. Que non conten con calarnos a boca!", conclúe.

Arriba

Máis noticias

     
   

Noticias | Quen somos | Que facemos | Campañas | Mediateca | Lexislación
Ligazóns
| Colectivos | Especiais | Tenda | Asóciate