A Mesa pola Normalización Lingüística
Noticias
Quen somos?
Que facemos?
Campañas
Mediateca
Lexislación
Ligazóns
Colectivos
Especiais
Tenda
Asóciate

CONCURSO.- Radiofusión convoca o seu XI Certame de Cartas de Amor en galego


[04/02/2010]

Pódense enviar textos, escritos en lingua galega, até o próximo día 11 de febreiro

Os premios daranse a coñecer o vindeiro 14 de febreiro

Radiofusión, Rede de emisoras municipais galegas, convoca a que xa é undécima edición dunha das súas iniciativas sociais máis senlleiras, o Certame de Cartas de amor, cuxo xurado foi dado a coñecer este pasado 2 de febreiro, Día da Candeloria, no transcurso dunha conferencia de imprensa celebrada no Concello de Fene.

Todas as persoas interesadas poden enviar os seus textos a Radiofusión até o próximo día 11 de febreiro, quer ao enderezo electrónico direccion@radiofusion.eu quer por envío postal ordinario a Radiofusión: Casa do Concello de Fene, CP 15500. O xurado dará a coñecer o traballo gañador o 14 de febreiro.

Se che interesar, eis a ligazón á noticia e bases do concurso:

  • clica aquí.

    Tamén podes acceder directamente desde o sitio www.radiofusion.eu

  • Arriba

    Na imprensa

    Máis noticias

    PREMIO.- A Mesa pola Normalización Lingüistica e o xornal A Peneira reciben os premios Moncho Valcarce 2009

         
       

    Noticias | Quen somos | Que facemos | Campañas | Mediateca | Lexislación
    Ligazóns
    | Colectivos | Especiais | Tenda | Asóciate