A Mesa pola Normalización Lingüística
Noticias
Quen somos?
Que facemos?
Campañas
Mediateca
Lexislación
Ligazóns
Colectivos
Especiais
Tenda
Asóciate

ENSINO.- A Mesa vai presentar un recurso xudicial para parar o decretazo contra o galego no ensino


[25/05/2010]

Carlos Callón: “O rexeitamento social contra o decretazo tamén se concretará en varios procedementos xudiciais paralelos”

“Os dous obxectivos concretos deste recurso son que non se prohiba o galego en ningunha materia e que se garanta unha presenza mínima da nosa lingua na educación infantil”

Coa publicación onte no DOG do decretazo contra o galego no ensino, A Mesa pola Normalización Lingüística indica que, tal e como xa anunciara, vai presentar un recurso xudicial “para parar este despropósito feito de costas á opinión da comunidade educativa”.

O presidente desta entidade, Carlos Callón, sinala que “o rexeitamento social contra o decretazo, igual que se concretou ao longo destes meses en numerosos posicionamentos públicos e mesmo en manifestacións históricas, tamén se visualizará agora en varios procedementos xudiciais paralelos”.

Callón informa que este recurso ao Tribunal Superior de Xustiza de Galiza se alicerzará nos relatorios elaborados pola Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega e, “de forma especial, polo seu altísimo nivel xurídico”, polo Consello Consultivo.

O presidente da Mesa sinala que os dous obxectivos concretos máis importantes que perseguen con este recurso é que non se prohiba o galego en ningunha materia (porque agora pasa a impedirse o seu uso ao profesorado de matemáticas, tecnoloxía e física e química) e que se estabeleza un mínimo da súa presenza na educación infantil.

A Mesa continuará tamén realizando actos de protesta, dentro da plataforma Queremos Galego, e promoverá tamén novas accións de denuncia internacional, xa que “este decretazo vulnera punto por punto a Carta Europea das Linguas”.


Arriba

Na imprensa

Máis noticias

ENSINO.- A Mesa reclámalle ‘transparencia’ á Xunta sobre canto vai custar ‘ás arcas públicas e ás economías familiares’ a orde de que se desboten miles de libros de texto en galego

ENSINO.- A Mesa lamenta que o PP queira mudar ‘unilateralmente’ a Lei de normalización lingüística e lembra que ‘o decretazo presentado hoxe conculca a Constitución e o Estatuto’

ENSINO.- A Mesa considera que o decretazo 'nace morto', reclama a retirada do texto e a dimisión do Conselleiro de Educación

     
   

Noticias | Quen somos | Que facemos | Campañas | Mediateca | Lexislación
Ligazóns
| Colectivos | Especiais | Tenda | Asóciate