A Mesa pola Normalización Lingüística
Noticias
Quen somos?
Que facemos?
Campañas
Mediateca
Lexislación
Ligazóns
Colectivos
Especiais
Tenda
Asóciate

MEDIOS DE COMUNICACIÓN.- Importantes pasos para o galego en RNE e TVE


[20/10/2004]

O Deputado do BNG no Congreso, Francisco Rodríguez, presentou na Comisión de Control Parlamentario de RTVE as propostas que A Mesa pola Normalización Lingüística dirixiu ao novo Goberno e aos deputados e deputadas galegas en Madrid. Estas propostas foron aprobadas coa abstención do Partido Popular.

As propostas presentadas pola Mesa, e aprobadas a través da Proposición Non de Lei do BNG, son as seguintes:

  • Utilización da toponimia oficial en todos os medios de comunicación do Estado, que nestes momentos son os únicos que non o fan (p. ex., Canal 24 Horas de TVE).


  • Equiparar as desconexións horarias de TVE en Galiza coas realizadas en Cataluña, e facer sempre estas desconexións na lingua propria do país. É necesario aumentar o financiamento para produción propria no Centro Territorial da Galiza.


  • As desconexións informativas de RNE para Galiza deberán facerse en galego.


  • Recuperación dunha emisora de RNE que emita en galego. (Radio 4, de RNE, emitiu en galego até 1992, cando foi suprimida, mais continúa en Cataluña, coa súa función de ser a emisora de RNE que emite integramente en catalán.)


  • Nos programas estatais, potenciar a presenza habitual de solistas e grupos musicais que fan uso das diferentes linguas do Estado, incluído o galego. Nestes momentos dáse o paradoxo de que artistas con grande éxito de vendas e con éxito de crítica e público noutros estados non aparecen, ou só aparecen marxinalmente, na grella de TVE.

A deputada socialista Mª Xosé Porteiro, que interviu como vogal do Grupo Socialista durante o debate, mostrou a súa satisfacción pola aprobación desta iniciativa do BNG. Porén, o PSOE transaccionou o texto para que no ponto onde se falaba da recuperación dunha emisora de RNE en galego se sinalase só a posibilidade de estudar a recuperación desta canle.

Arriba

Máis noticias

ADMINISTRACIÓN.- A Mesa apresenta unha táboa de demandas urxentes para o novo Goberno central

     
   

Noticias | Quen somos | Que facemos | Campañas | Mediateca | Lexislación
Ligazóns
| Colectivos | Especiais | Tenda | Asóciate