A Mesa pola Normalización Lingüística
Noticias
Quen somos?
Que facemos?
Campañas
Mediateca
Lexislación
Ligazóns
Colectivos
Especiais
Tenda
Asóciate

INQUÉRITO.- Un estudo da Universidade da Coruña responsabiliza os docentes de que o galego perda falantes nas aulas


[11/11/2004]

O decano de Socioloxía da Universidade da Coruña, Antón Álvarez Sousa, presentou un estudo sociolingüístico onde se responsabiliza os docentes de que o galego perda falantes nas aulas desta universidade. Sinala algúns datos chamativos, como que os estudantes nacidos fóra de Galiza usan máis o idioma que os oriúndos de aquí. Tamén é de salientar que o emprego do noso idioma se dea máis no campus de Ferrol que nos da Coruña.

Ademais, o estudo conclúe que todos os sectores da comunidade universitaria coruñesa, tanto alumnos como profesores como persoal adxunto, coinciden "nunha abrumadora maioría'', en reclamar maior número de actividades formativas e recursos académicos que fomenten o emprego do galego.

Arriba

Máis noticias

RAG.- O Presidente da Academia pon en cuestión a fiabilidade dos inquéritos que sinalan que o galego perde falantes

ESTATÍSTICAS.- O IGE asegura que o 61,66% das aulas se reciben maioritaria ou totalmente en castelán

ESTATÍSTICAS.- O INE publica un traballo comparativo sobre a situación do galego, o catalán e o basco

     
   

Noticias | Quen somos | Que facemos | Campañas | Mediateca | Lexislación
Ligazóns
| Colectivos | Especiais | Tenda | Asóciate