A Mesa pola Normalización Lingüística
Noticias
Quen somos?
Que facemos?
Campañas
Mediateca
Lexislación
Ligazóns
Colectivos
Especiais
Tenda
Asóciate

A CORUÑA.- A Mesa pregúntase até cando van consentir os tribunais que Francisco Vázquez desobedeza as sentenzas xudiciais


[16/09/2005]

Podes descargar desde aquí o texto íntegro da sentenza.

A Mesa pola Normalización Lingüística celebra a sentenza de onte na cal o xulgado do contencioso número 3 da Coruña anula “por contrario a dereito” o acordo municipal (aprobado só cos votos favorábeis do PSOE) polo cal se pretendía mudar a denominación oficial da cidade. Porén, a organización en defensa da lingua é “escéptica” sobre a posibilidade de que o alcalde vaia acatar esta nova resolución xudicial, posto que Francisco Vázquez xa se mofou en varias ocasións de sentenzas e ditames non só do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, senón tamén do Tribunal Supremo e do propio Tribunal Constitucional.

O Presidente da Mesa, Carlos Callón, pregúntase “por que razón os tribunais, os xuíces e os fiscais lle consenten a Francisco Vázquez unha actitude de desobediencia e mofa á Xustiza que non se lle toleraría a ningunha outra persoa”. “No Concello da Coruña non só non se utiliza a forma oficial do topónimo, tal e como estabelecen numerosas sentenzas, senón que tampouco se fai uso do galego como lingua propia e cooficial, tal e como apuntan a Constitución e o Estatuto”, apunta Callón.

Nesta última sentenza considérase un “feito indubidábel” que a cuestión da denominación da cidade “xa está resolta por unha xurisprudencia firme e definitiva, que mantivo que a denominación do Concello é A CORUÑA”. A Mesa desexa que o goberno coruñés “non continúe malversando diñeiro público na súa loita obsesiva contra o galego”. “O alcalde debería escoitar á inmensa maioría da cidadanía da Coruña, que está aborrecida desta situación e que quere que o galego estea no lugar que lle corresponde como lingua que nos identifica e que nos une como galegas e galegos”, sinalan.

Máis información nos medios:

  •  A Xustiza rexeita o 'La' unha vez máis [V 16/09/05]

  •  O 'L', por enésima vez [Editorial de ECG 17/09/05]

  •   A Xustiza nega de novo o ‘L’ da Coruña e apela á norma da Xunta [ECG 17/09/05]

  •   A Xustiza di non ó ‘La’ de Vázquez [GH 17/09/05]

  •   O PP pide modificar a Lei de Normalización Lingüística para admitir o topónimo castelán [EIG 17/09/05]

  •   A oposición aplaude o fallo xudicial sobre o topónimo [LVG 17/09/05]

  •   Os xuízos polo 'L' cústanlle á cidade 6.000 euros ao mes [20 M 17/09/05 (En formato PDF, p. 3))]

  • Arriba

    Máis noticias

    A CORUÑA.- Varias asociacións de veciños da Coruña únense para defender a lingua e o topónimo

    A CORUÑA.- A Mesa cualifica como unha ”oda á crispación e ao pasado” a posición do PP no pleno extraordinario sobre o topónimo celebrado hoxe na Coruña

    A CORUÑA.- A Mesa pídelle ao PSOE que “recapacite” e non faga de “parvo útil” do PP na súa política contra o galego

         
       

    Noticias | Quen somos | Que facemos | Campañas | Mediateca | Lexislación
    Ligazóns
    | Colectivos | Especiais | Tenda | Asóciate