MOCIDADE.- A Mocidade pola Normalización Lingüística convoca xuntanza o 8 de outubro
[28/09/2005]
Prezada socia: Prezado socio: Queremos convocarte a unha xuntanza da Mocidade pola Normalización Lingüística para o vindeiro 8 de Outubro ás 12,00 horas no local da Mesa (Campo do Cruceiro do Gaio, 7 – 1º; Compostela).
Queremos fortalecer e impulsar o traballo da Mocidade, para o que decidimos constituír as Mocidades con estatutos e xunta directiva propias, tal e como se estabelece nos propios estatutos da Mesa pola Normalización Lingüística.
O programa de traballo da xuntanza é:
-Informe dos motivos da nova constitución. -Proposta e debate dos estatutos da asociación da mocidade. -Informe e proposta de liñas xerais de actuación. -Varios Sen máis, agradecendo por anticipado a túa presenza, recibe un saúdo,
Iria Taibo Responsábel da Mocidade pola Normalización Lingüística
|