A Mesa pola Normalización Lingüística
Noticias
Quen somos?
Que facemos?
Campañas
Mediateca
Lexislación
Ligazóns
Colectivos
Especiais
Tenda
Asóciate

CINEMA.- Política Lingüística corrixe con Shin Chan e Doraemon un erro que ela mesma cometeu


[24/04/2007]

A Mesa leva un ano exixíndolle á Secretaría Xeral que non entorpecese a dobraxe destes produtos, mais a tardanza da SXPL fixo que se deixasen de estrear filmes en galego

Os filmes de Shin Chan e Doraemon volverán estar en galego. A Mesa alégrase da boa noticia, froito da presión de moitos meses da organización cidadá á Secretaría Xeral de Política Lingüísica.

Os filmes destes personaxes estréanse en galego desde o ano 2003, grazas a unha campaña realizada por esta organización cidadá (mira aquí). Porén, o departamento de Política Lingüística, dependente da Presidencia da Xunta, mostrouse totalmente desinteresado polo tema desde a toma de posesión da actual titular do departamento, Marisol López. As negativas da Secretaría Xeral a colaborar nas dobraxes significaron a denuncia pública da Mesa pola Normalización Lingüística o pasado mes de xuño de 2006 (míraa aquí).

A tardanza de Política Lingüística significou que saísen varios filmes ao mercado sen versión en galego, mais si en catalán e vasco, como por exemplo Shin Chan: Perdidos na xungla, ou Shin Chan: os adultos contraatacan. Así, “se agora volve ser unha novidade que os filmes de Shin Chan e Doraemon estean en galego é debido xustamente a que, por causa do mesmo departamento de Política Lingüística, varios filmes destes populares personaxes, deixaron de ter opción nesta lingua durante un tempo”.

A Mesa reclámalle a Política Lingüística que se dirixa a todas as distribuidoras de cinema que están dispostas a estrear cinema na nosa lingua. A organización afirma ter constancia de que compañías como Buenavista (a distribuidora de Disney) é “moi receptiva” á posibilidade de difundir os seus grandes éxitos en galego, mais nunca recibiu ningunha chamada do departamento de Política Lingüística interesándose.

Arriba

Na imprensa

Máis noticias

CINEMA.- Os filmes de Shin Chan e Doraemon deixarán de dobrarse ao galego por non haber apoio institucional

CINEMA.- Promoción de Shin Chan en Oleiros

CINEMA.- Promoción en Vilagarcía do último filme de Shin Chan

     
   

Noticias | Quen somos | Que facemos | Campañas | Mediateca | Lexislación
Ligazóns
| Colectivos | Especiais | Tenda | Asóciate