A Mesa pola Normalización Lingüística
Notícias
Quen somos?
Que facemos?
Campañas
Biblioteca
Lexislación
Ligazóns
Tenda
Asocia-te
 
   

O 1 de abril de 2006, no Museo do Pobo Galego, fíxose a presentación pública do Observatorio de Dereitos Lingüísticos.



Nun acto en que estiveron presentes a coordenadora desta nova sección da Mesa, Elsa Quintas Alborés, ademais doutros membros deste novo organismo, como as xuízas Ana López-Suevos e Dalila Dopazo, a profesora e o profesor de Dereito Alba Nogueira (USC) e Xosé Manuel Carril (UDC), a avogada Isabel Castillo e os avogados Xosé María Rodríguez, Guillermo Garrido, Óscar Refoxo e Nemésio Barxa, ademais de Ramón Mariño Paz, profesor de Filoloxía Galega, e do Presidente da Mesa, Carlos Callón.

Outras persoas que forman parte do Observatorio son os xuíces Luís Villares e Xermán Varela, os profesores universitarios Pilar García Negro, Xosé Henrique Costas, Xosé Ramón Freixeiro Mato, Xulio Ferreiro, o técnico do Servizo de Asesoramento Lingüístico do Consello da Avogacía Galega, Antón Méixome; etc.

No acto de presentación, deuse lectura ao "Manifesto fundacional" e a unha "Chamada de atención", con medidas urxentes para este ano 2006; ambos os textos reprodúcense a continuación.

Arriba

 
Chamada de atención  
   
Axúdanos coa túa información e/ou denuncia  
     
   

Noticias | Quen somos | Que facemos | Campañas | Biblioteca | Lexislación | Ligazóns | Tenda | Asóciate