A Mesa pola Normalización Lingüística
Notícias
Quen somos?
Que facemos?
Campañas
Biblioteca
Lexislación
Ligazóns
Tenda
Asocia-te
 
   

CHAMADA DE ATENCIÓN DO OBSERVATORIO DE DEREITOS LINGÜÍSTICOS AOS PODERES PÚBLICOS E Á SOCIEDADE EN XERAL

A lingua galega está nunha encrucillada para o seu futuro. Todas as estatísticas afirman sen ambigüidades unha acusada perda de falantes nos últimos anos. Trátase dunha situación grave, porén aínda é posíbel que esta situación se corrixa, se existe unha política decidida e a colaboración necesaria de todas e todos.

O debate sobre un novo Estatuto para Galiza pode servir tamén para terminar cos alicerces que sustentan moitas das discriminacións que padece o galego. Desde o Observatorio de Dereitos Lingüísticos, facemos un chamamento ao conxunto da sociedade para que neste novo Estatuto o galego teña o lugar que lle corresponde como lingua propia do país; dereito e deber colectivo, nunca en inferioridade a respecto do castelán.

Ademais, consideramos que hai catro pasos fundamentais, todos eles referenciados no consensuado Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, (PXNLG) que deben comezar a ser aplicados antes de que finalice este mesmo ano:

1. Modificar o decreto de galeguización do ensino non universitario, de xeito que recolla a realidade actual do sistema educativo e, ademais, os obxectivos do PXNLG; a saber:

Estabelecer unha oferta educativa en galego na educación infantil.

O uso do galego en infantil non pode ser inferior ao 33% nos espazos en que a lingua predominante sexa o castelán.

En primaria, ESO, bacharelatos e ciclos formativos, garantir que a docencia en galego nunca sexa inferior ao 50%.

2. En liña tamén co PXNLG, a Xunta, as deputacións e os concellos deben estabelecer que todas as axudas públicas, de calquera tipo, producirán a galeguización total e real da entidade receptora e avaliarase o cumprimento.

3. No ámbito da xustiza urxe que se traduzan ao galego os programas informáticos de xestión e os formularios de uso cotián e garantir a súa presenza en todos os órganos xudiciais de Galiza.

4. Estabelecer normas xerais e uniformes sobre capacidade lingüística exixíbel nos procesos de acceso á función pública e no desempeño desta función. Como mínimo, débese introducir unha proba específica de coñecemento do galego.

Arriba

 
Chamada de atención  
   
Axúdanos coa túa información e/ou denuncia  
     
   

Noticias | Quen somos | Que facemos | Campañas | Biblioteca | Lexislación | Ligazóns | Tenda | Asóciate