|
|
 |
POR UN ESTATUTO DE NORMALIDADE PARA O GALEGO
A Mesa pola Normalización Lingüística comeza unha campaña para lles solicitar aos portavoces dos grupos do PSdG-PSOE, BNG e PP o apoio para que no novo Estatuto se recoñeza ao galego todas as garantías dunha lingua oficial.
Podes solicitar material por correo electrónico, por fax: 981 58 37 82, por teléfono: 981 56 38 85 ou correo postal (Apartado 247; 15705 Santiago de Compostela).
3 modelos de cartóns postais para enviar a :
D. Ismael Rego
Portavoz do grupo do PSdG-PSOE
Hórreo, 63
15702 Santiago de Compostela |
D. José Manuel Barreiro
Portavoz do grupo do PP
Hórreo, 63
15702 Santiago de Compostela |
D. Carlos Aymerich
Portavoz do grupo do BNG
Hórreo, 63
15702 Santiago de Compostela |
::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
Texto do cartón postal:
Prezado señor:
Solicítolle que o seu grupo parlamentar promova e apoie que no novo Estatuto se recoñezan ao galego todas as garantías dunha lingua oficial.
Para iso, entendo que deben sinalarse, como mínimo, os seguintes puntos:
- Recoñecer o dereito a usar e o deber de coñecer o galego.
- Garantir o dereito das persoas a ser atendidas oralmente e por escrito en galego, na súa condición de usuarias e consumidoras de bens, produtos e servizos.
- Recoñecer ao galego a condición de lingua vehicular no ensino non universitario.
- Regular o uso preferente do galego por parte de todas as administracións situadas en Galiza.
Prégolle que escoite a voz da cidadanía e que este Estatuto poida ser, grazas ao apoio do seu grupo, o Estatuto da normalidade para a lingua propia de Galiza.
Atentamente,
Asdo.:
|
A EQUIPA DE NORMALIZACIÓN DO IES EDUARDO PONDAL APOIA A INICIATIVA.
A Equipa de Normalización do IES Eduardo Pondal de Santiago de Compostela decidiu aderirse á campaña de "Por un Estatuto de normalidade para a nosa lingua" recollendo sinaturas entre o alumnado do centro e o profesorado do centro. Como somos de Santiago, en vez de que cada alumno envíe o seu postal, co cal hai menos probalbilidade de que chegue polos motivos de esquecimento habitual, recollémolos todos xuntos e entregámolos todos no Parlamento do Hórreo.
É interesante facelo na clase para poder explicar que é un grupo parlamentar, o Estatuto, a lingua oficial como dereito e como deber, a lingua instrumental, que é normalizar unha lingua, de que grupos políticos se compón o parlamento, etc...
Tamén pensamos que é importantísimo que todos e todas tentemos entregar o máximo número de postais, pois dependen da forza da mobilización social as definicións identitarias de Galicia e da súa lingua.
Desde a equipa do IES animamos a todos os centros a participaren, mesmo sería interesante que fose un grupo de alumnos/as os que entregasen as cartas no Parlamento do Hórreo.
Un saúdo, Equipa de Normalización.
|
|

|
|
| |
|
Noticias
| Quen somos | Que
facemos | Campañas |
Mediateca | Lexislación
Ligazóns | Colectivos
| Especiais | Tenda
| Asóciate
 
|
|