|
¿Que é a
Mesa pola Normalización Lingüística?
A MESA pola Normalización Lingüística
é unha plataforma independente, plural e apartidaria
que ten como único obxectivo a promoción
do uso do galego en todos os ámbitos da vida
social propios de calquera idioma. O seu papel
é o de emprender iniciativas que sensibilicen
a poboación e que abran novas vías de uso do
noso idioma en distintos ámbitos, así como
denunciar todo tipo de agresións e discriminacións
que poida sufrir a lingua galega e asegurar
que se respecte o seu uso individual e colectivo.
Nacemento
En abril de 1986 diversas asociacións
convocaron un "Encontro sobre o estado actual
da normalización lingüística"
que reuniu a case 500 asistentes. Entre as resolucións
finais, acordouse constituír unha Mesa Permanente
para a Normalización Lingüística
que se encargase de poñer en práctica
as conclusións daquel encontro.
A MESA conseguiu especial relevancia
en decembro de 1987, cando o goberno central requiriu
ao governo galego para que retirase o esencial da
orde do 31 de agosto de 1987 pola que se incorporaba
o galego como lingua vehicular do ensino. A
MESA convocou a institucións, asociacións
cívicas, APAs, sindicatos, organizacións
políticas e a toda a cidadanía en xeral a unha
gran mobilización o 13 de decembro de 1987
coa finalidade de defender o proceso de normalización
lingüística no ensino, baixo a consigna
"Aprender en galego non é un delito".
Esta manifestación congregou, segundo datos
oficiais, a máis de 25.000 persoas.
Actividade
Podes atopar un resumo das actividades
desenvolvidas pola Mesa dende a súa creación
na sección Que facemos?
Se che interesa algún tipo de actividade en concreto,
alí atoparás as seguintes seccións:

|