A Mesa pola Normalización Lingüística
notícias
Quen somos?
Que facemos?
Campañas
Biblioteca
Lexislación
Ligazóns
Colectivos
Especiais
Tenda
Asocia-te
 

Estes son só tres casos de discriminación lingüística nos últimos meses entre os que acontecen cada ano ao teu redor. Aínda que custe crelo, porque parecen situacións propias doutros tempos, o ano pasado sóubose de 28 casos de persoas acosadas no seu traballo por falaren en galego, chegando en ocasións ao despido. Neste ano en que estamos, o 2007, trascendeu que unha pediatra da Coruña prohibe, co consentimento da dirección do seu hospital, que os nenos se dirixan a ela en galego... E así cun longo etcétera.

A indiferenza e a pasividade permiten que estas inxustizas se continúen a producir na actualidade.

A Mesa pola Normalización Lingüística é unha asociación formada por máis de 3.000 persoas que desexan cambiar esta situación, para conseguir que ninguén máis sexa discriminado por querer usar o galego.

A Mesa é unha organización independente, firme na defensa dos dereitos lingüísticos, orixinal nas súas propostas, transparente na súa xestión e eficaz nos seus resultados.

A Mesa consegue deter moitas discriminacións e introducir o galego en ámbitos dos que estaba excluído. Mais só coa túa axuda será posíbel mudar isto.

Cuota Anual de socios/as individuais: 46 Euros ou 18 Euros estudantes e parados/as

Cuota de centros de ensino como socios colaboradores: 120 Euros

Manda por correo ou email ao enderezo da dereita os teus datos persoais:

Nome e apelidos, carné de identidade, data de nacemento, enderezo, código postal, localidade, telefone, correo electrónico, cuota anual que queres pagar e número de conta bancaria para domiciliación das cuotas.

 

 

CONTACTO
COA MESA:

ENDEREZO POSTAL:
Rúa do Vilar, 15-1ºDta.
15705 Santiago

TELEFONE E FAX:
Tel. 981 563 885
Fax 981 583 782

E-MAIL:
amesa@amesanl.org

PROXECTO DE CENTRO DE ENSINO SOCIO-COLABORADOR

 
     
   

Noticias | Quen somos | Que facemos | Campañas | Mediateca | Lexislación
Ligazóns
| Colectivos | Especiais | Tenda | Asóciate